A Asociación (GLG)

Creada en Barcelona en 1992, a asociación reúne estudantes de doutoramento e
investigadoras e investigadores da linguaxe sen doutoramento. De acordo cos seus
estatutos, esta asociación persegue os seguintes obxectivos:

  1. Facer avanzar o estudo da Lingüística en todas as súas facetas e favorecer a comunicación entre a mocidade investigadora desta disciplina no estado español.
  2. Fomentar o recoñecemento da Lingüística como disciplina autónoma.
  3. Favorecer a divulgación de traballos de investigación en curso mediante reunións de carácter científico, publicacións e outras iniciativas.
  4. Incitar o intercambio cultural fomentando os estudos lingüísticos das diferentes linguas da península.

Cada ano, a Asociación de Jóvenes Lingüistas organiza un encontro de mocidade estudosa da linguaxe. Neste, as e os participantes terán a oportunidade de expoñer os seus proxectos así como os resultados das súas investigacións. Se tes interese en obter máis información acerca da asociación, convidámoste a visitar tamén o noso TWITTER/X e INSTAGRAM.